Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo
Gala da Reconquista da Vila de Vigo 2021
Sábado, 11 Setembro 2021 20:04
cartel

 

A AVC Casco Vello estrea a Gala da Reconquista da Vila de Vigo o sábado 18 de setembro

 

 

 

O teatro AFundación acollerá a celebración da Reconquista 2021, cumprindo as medidas sanitarias

 

 

 

Tras dúas cancelacións por mor do Covid-19 e sen poder festexar como se merece a concesión de Festa de Interese Turístico Nacional en 2019, a AVC Casco Vello adáptase unha vez mais para seguir achegando a celebración da Reconquista da Vila de Vigo dun xeito único e seguro.

 

A celebración da Gala da Reconquista da Vila de Vigo pretende ser unha mestura dos aspectos máis importantes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo: a música e o baile tradicional e a historia contada a través dos seus protagonistas. Facendo como sempre participe ao público asistente e levando a nosa historia ao seguinte nivel, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbes, ACF Tarambainas, bailaríns de Maria Prego e Os Catro Quintos. Ademais compre destacar a interpretación do grupo de teatro Baluarte 1809 e do clube de esgrima histórica Falcata H.E.M.A.

 

Baixo a dirección de María Torres e conducida por Carlos Veleiro, a Gala preséntase dun xeito ameno e orixinal, cunha mestura de música e baile tradicional xunto cos diferentes actos teatrais, sobre un escenario emblemático da cultura galega e da súa historia, como é o do Teatro Afundación (García Barbón). Unha gala coa que poder conmemorar a festa da Reconquista da Vila de Vigo, dun xeito mais íntimo e inmersivo, e cumprindo estritamente os protocolos sanitarios.

 

As entradas, de prezos populares (entre 5 e 10 euros), están á venta desde este luns día 6 a partires das 9:00 da mañá en ATaquilla.com: á ligazón pódese acceder desde redes sociais en @areconquistadevigo, desde a páxina web www.areconquistadevigo.com ou directamente a través de:

 

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/teatro-afundacion-vigo/12516--gala-da-reconquista.html

  

 
Oferta de emprego 2021
Xoves, 18 Marzo 2021 00:00

.

 

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo publica dúas ofertas de emprego suxeitas á convocatoria de subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2021 do Concello de Vigo, para cubrir os seguintes postos:

  • 1 técnico superior en administración e finanzas a tempo completo no período comprendido entre o 01 de maio e o 31 de xullo de 2021 en xornada de mañá e tarde. Bases e requisitos.

 emprego2020detalle

 

 

 

 
Adiada a Reconquista da Vila de Vigo 2020
Venres, 13 Marzo 2020 00:00
 reconaprazada

Por orde das autoridades ante a emerxencia sanitaria, a Festa da Reconquista da Vila de vigo queda adiada ata novo aviso. Isto inclúe todos os actos asociados, como por exemplo a Reconquista Infantil ou o certame gastronómico Retapas.

 

Mais seguimos en pé de guerra! Unha vez superada a crise, cando contemos co pertinente visto e prace das autoridades, anunciaremos as novas datas da Reconquista 2020 co programa previsto. Estade atentos!

 

 

 

 


 
Bases dos postos do mercado da Reconquista 2020
Mércores, 09 Xaneiro 2019 00:00

Abriuse o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2020, que se celebrará os vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo. O prazo comeza o xoves 16 de xaneiro e rematará o venres 7 de febreiro.

 

As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, quer ao seu enderezo físico na rúa Cánovas del Castillo, 2, baixo (por correo postal ou de forma presencial de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas), quer ao seu enderezo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ).

 

A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de participación no mercado e os diversos anexos relacionados.

 

 mercado2018

 

 
Asamblea sobre o problema de estacionamento
Sábado, 02 Febreiro 2019 00:00

 

A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello convoca a todos os veciños e residentes do barrio a unha asamblea informativa o vindeiro lúns 11 de febreiro ás 20:00 horas no local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2 para analizar entre todos a problemática da falta de estacionamento para residentes nas rúas do barrio vello e si é preciso adoptar medidas de presión e mobilizacións.

 

Segundo datos que manexa a asociación, hai arredor de douscentos veciños no barrio sen garaxe privado e que teñen que buscarse a vida para estacionar despois de que a Policía Local comezara esta semana a multar aos vehículos mal estacionados.

  asamblea estacionamento

 


 

 

 
Cursos e obradoiros 2021-2022
Mércores, 01 Setembro 2021 00:00

  Cursos

 

Ainda quedan prazas nos cursos e obradoiros que organizará a Asociación para a tempada 2021-2022.

 

Todas as persoas interesadas en participar poden contactar coa Asociación Veciñal a través do correo  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou presencialmente na rúa Canovas del Castillo 2, baixo, nos horarios seguintes: de lúns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas(ATENCIÓN: HORARIOS RESTRINXIDOS POLO COVID)

 


 

 
Normativa contra o ruído no casco vello: denuncia

As rúas do Casco Vello de Vigo atópanse especialmente protexidas contra problemas de contaminación ambiental de ruídos e convivencia (botellón) por varias ordenanzas e normativas municipáis.

 

  • Ordenanza reguladora de convivencia cidadá e ocio: en vigor dende o 22 de abril de 2009 coñecida como 'normativa anti botellón'. (PDF)
  • Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións: en vigor dende o 10 de abril de 2008. (PDF)
  • Algunhas das rúas do Casco Vello de Vigo protexidas son: Real e baixadas transversáis, Teófilo Llorente, Pescadería, Chao, Praza da Pedra, Praza do Berbés, Praza de Almeida, Praza da Igrexa, Travesía da Esperanza, Alta, Funil, Anguía, etc.

 

Modelo de denuncia para descargar, imprimir e entregar cuberta por aqueles veciños do Casco Vello que o desexen na Asociación Veciñal do Casco Vello para a sua presentación no Rexistro do Concello: impreso PDF.

 normativa

 

 


 

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo