Usuari@s rexistrad@s



Solicitude de postos no mercado da Reconquista
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello informa que a partir do luns día 18 de Xaneiro os interesados que desexen instalar un posto para o mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2010, que se celebrará no seu barrio histórico o sabado 27 e domingo 28 de marzo, poderano facer solicitandoo no local da propia Asociación, sito na rúa Oliva 12 baixo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O prazo de inscrición remata o 19 de febreiro.

Un ano máis terán preferencia para instalarse as asociacións veciñais, colectivos de interese social, agrupacións folclóricas, agrupacións deportivas, artesans, autónomos e empresas, sempre por esta orde.

Para máis información sobre a inscrición no mercado da Festa da Reconquista poden contactar coa Asociación no teléfono 986-439799, por Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou a través desta web.

 
Cantos de Reis

reis2009-1

VII Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis

Aberto a todas as persoas interesadas.

Aprende como eran os cantos e danzas de reis tradicionais.
Ler máis...
 
Primeiras pedras (13/12/09 La Voz de Galicia)


O tempo detense cando un político coloca unha primeira pedra. E non o escribo pola era Fraga, caracterizada por que se inauguraban máis primeiras pedras que obras terminadas. Ocorre así en todos os casos. No solemne acto, o prócer de quenda coloca nunha urna, chamada «cápsula do tempo», unhas moedas de curso legal, os planos do proxecto e algúns xornais do día. Dalgunha forma, cren que, en futuras escavacións arqueolóxicas, alguén atopará o sarcófago e poderá datar os restos.

Ler máis...
 
Que preferencias tés para mellorar a iluminación do Casco Vello?
 

Procurar

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet