Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Festas
XXXII Festa dos Maios 2014
Luns, 28 Abril 2014 12:51
  maios14w

 

Este ano celebramos a XXXII edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.

 

PROGRAMA

 

10:00h Comezo dos obradoiros

11:00h Obradoiro de olería

12:00h Actuación de Viravolta Títeres co seu espectáculo "O Galo Quirico e os seus amigos"

13:00h Animación de rúa

17:00h Animación de rúa

18:00 Representación da festa dramatizada dos Maios

Ao remate concerto da Orquestra Os Modernos

 

MAIOS CONVIDADOS

 

 

 

 

Díptico en pdf

 
Programa Festa da Reconquista 2014
Xoves, 20 Marzo 2014 11:53

 

reconq-plano-2014

 

 

Sábado 29 de marzo

10:00 h. Apertura do mercado

11:00 h. Foliada infantil ( praza da Pedra, Zona 4)

12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)

17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza do Pedra, Zona 4)

17:00 h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)

18:00 h. Actuación da ETRAD ( praza da Igrexa, Zona 4)

21:30 h. Concerto de Sés “co xenio destrozado”  (praza do Berbés, Zona 8)

23:00 h. Peche do mercado

 

 

Venres 28 de marzo

10:00 h. Apertura do mercado

12:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza da Costitución, Zona 1)

17:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza do Berbés, Zona 8)

18:00h. Inauguración da festa ( praza do Berbés, Zona 8)

18:15h. Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés, Zona 8)

19:00h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)

21:30h. Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés (praza do Berbés, Zona 8)

23:00h. Peche do mercado

Domingo 30 de marzo

10:00 h. Apertura do mercado

10:30 h. Exhibición de cetrería ( praza do Berbés, Zona 8)

11:00 h. Demostracións de oficios tradicionais

11:30 h. Contacontos Codia e Miolo ( praza do Berbés, Zona 8)

12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)

12:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (praza da Pedra, Zona 4)

12:30 h. Exhibición de improvisación en verso “Regueifas” CIOV (praza do Berbés,

Zona 8)

17:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (Porta do Sol)

17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)

18:00 h. Representación da Reconquista da Vila de Vigo ( Porta do Sol)

Vístete de época e participa 1809

21:00 h. Peche do mercado

 

ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS

Durante os tres días máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos

 


 

 
Premios do VIII Concurso de Carteis da Reconquista
Mércores, 05 Febreiro 2014 12:41

Presentamos os carteis premiados do VIII Concurso de Carteis da Festa da Reconquista. O fallo dos premios producírase na noite do martes, 4 de febreiro. O xurado do concurso, composto polo presidente, Carlos López Font, tenente de alcalde do Concello de Vigo, e os vocais Fátima Suárez Álvarez como membro da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello; Ricardo Grobas, xefe de fotografía de Faro de Vigo; e Miguel Martín, xefe de informativos de Localia TV. Actuou como secretaria, Conchi Caride Vázquez, da directiva da AVC Casco Vello. Ao concurso presentáronse corenta e catro propostas que poden verse na lonxa do Concello de Vigo, dende o 17 de febreiro ate o 30 de marzo.

 

  A nosa cultura, a nosa conquista

Vigueses arriba!!!

 

 

 

Benvidos  

Accésit xurado

A nosa cultura, a nosa conquista

Emilio García Torrado

Primeiro premio

Vigueses arriba

Cristóbal Aguiló Domínguez

Accésit público

Benvidos

Leticia Rodríguez Fernández


 
Reconquista 2014: exposición de carteis
Martes, 21 Xaneiro 2014 11:41
Dende o mércores 22 ate o venres 31 de xaneiro, as persoas que visiten a exposición de carteis presentados ao VIII Concurso de Carteis da Festa da Reconquista, poderán votar o seu cartel favorito. O autor ou autora do cartel recibirá un premio de 200 €, e sortearase entre os participantes unha invitación para dúas persoas á IV Cea da Reconquista.
 
A exposición poderá visitarse na rúa Cánovas del Castillo 2, baixo, de luns a venres, das 11.00 ás 13.30 horas, e os luns, martes e venres das 17.00 ás 19.00 horas, e permanecerá aberta ate o 30 de marzo. Nesta edición presentáronse ao concurso corenta e catro propostas.
 


 
Reconquista 2014: concurso de carteis
Martes, 10 Decembro 2013 18:43

 

Bases do VIII Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2014, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

 

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que sexan inéditas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo