Venres, 17 Xuño 2011 17:09 |
|
|
O xoves, 23 de xuño, como ven sendo tradicional, celebraremos a Noite Meiga do Casco Vello na praza do Berbés. Ás doce da noite prenderemos a fogueira na que queimaremos os maleficios de inverno e descubriremos ás bruxas que se ocultan na escuridade
O lume e a auga serán os protagonistas dunha note máxica na que faremos o tránsito ao verán, ás colleitas e a luxuria.
Preparade a auga aromática coas herbas que recolleredes a noitiña, na que non ha de faltar herba luisa e eherba de san xoán, e deixarédelas ao resío da noite para lavar as caras e abrir os ollos e ver con claridade o resto do ano.
|
|