Xoves, 21 Xuño 2012 19:05 |
O xoves, 23 de xuño, como ven sendo tradicional, celebraremos a Noite Meiga do Casco Vello na praza do Berbés.
Dende as cinco da tarde estaremos rematando de montar a fogueira.
Logo ás 22:00 as bruxas e os castróns percorrerán o barrio coas cacharelas purificadoras,. Para chegar na media noite a praza e prender a fogueira na que queimaremos os maleficios de inverno e descubriremos ás bruxas que se ocultan na escuridade
O lume e a auga serán os protagonistas dunha note máxica na que faremos o tránsito ao verán, ás colleitas e a luxuria.
Preparade a auga aromática coas herbas que recolleredes a noitiña, na que non ha de faltar herba luisa e herba do sanxoán, e deixarédelas ao resío da noite para lavar as caras e abrir os ollos e ver con claridade o resto do ano.
|
|
|
|