Sábado, 05 Maio 2012 11:44 |
|
Este ano celebramos a XXX edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes, contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.
PROGRAMA
08:00 Comezo da confección do Maio do Casco Vello
10:30 Apertura do mercado e inicio dos obradoiros para nenas e nenos
11:30 Contacontos
12:30 Actuación dun grupo de gaitas do país
18:00 Representación da Festa dramatizada dos Maios
19:00 Concerto do grupo folk Fiandola
MAIOS CONVIDADOS
- Grupo O Imán
- Deleite
- Agarimar
- Furancho A Balsa de Matamá
|
|