Venres, 29 Abril 2011 09:53 |
|
Este ano celebramos a XXIX edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.
PROGRAMA
08:00 Comezo da confección do Maio do Casco Vello
10:30 Apertura do mercado (mel, pan, coiro, flores...)
11:30 Obradoiro de alfarería
12:00 Contacontos
18:00 Representación da Festa dramatizada dos Maios e concerto do grupo tradicional Os Irmandiños
MAIOS CONVIDADOS
- Grupo IMAN,
- De Leite, Agarimar
- Furancho A Balsa de Matamá
- Asociación Veciñal O Carballo de Sárdoma
Díptico
|
|