Sábado, 02 Febreiro 2019 00:00 |
A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello convoca a todos os veciños e residentes do barrio a unha asamblea informativa o vindeiro lúns 11 de febreiro ás 20:00 horas no local veciñal situado na rúa Cánovas del Castillo 2 para analizar entre todos a problemática da falta de estacionamento para residentes nas rúas do barrio vello e si é preciso adoptar medidas de presión e mobilizacións.
Segundo datos que manexa a asociación, hai arredor de douscentos veciños no barrio sen garaxe privado e que teñen que buscarse a vida para estacionar despois de que a Policía Local comezara esta semana a multar aos vehículos mal estacionados.
|
|
|