Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Reconquista 2016: concurso de carteis
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00

 

Bases do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

 

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

 

Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que éstas sexan inéditas.

 

 

Os orixináis realizaranse verticalmente, en papel de 29.7x42 cm (A3), e presentaranse protexidos e montados sobre soporte ríxido, que permita a súa perfecta exposición. A técnica utilizable será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica. Entregarase copia en soporte informático (jpg, bmp, png) cunha resolución mínima de 300 ppp. Tódolos textos que figueren nos cartéis deberán escribirse en galego normativo.

 

En ningún caso se admitirá o uso de imaxes sobre as que non se teña a propiedade, ou permiso expreso sobre as mesmas.

 

Os gastos de envío e/ou devolución das obras, serán a cargo dos concursantes e a AVC Casco Vello non responderá de posibles danos nin extravíos.

 

A AVC Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe. Por este motivo recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón-pluma, cartón ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

 

Os orixináis deberán incluír necesariamente os seguintes textos:

 

Reconquista da Vila de Vigo, 2 e 3 de abril 2016, declarada de interese turístico galego

Logotipo da AVC Casco Vello (descargar)
Logotipo do Concello de Vigo (descargar)

 

 

A AVC Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo xurdan. Tamén se reservará a facultade de modificar ou substituir o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se finalmente edite.

 

Os cartéis presentaranse no local da AVC Casco Vello, rúa Cánovas del Castillo 2, baixo, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O prazo de presentación será do 2-3-2015 ao 16-3-2015. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do retraso. O fallo do xurado farase público e anunciarase oportunamente.

 

Estas bases publicaranse a través dos medios de comunicación e estarán a disposición das persoas interesadas no propio local da Asociación, así como na web: www.avcascovello.com.

 

Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no seu día polo traballo presentado. Os que se reciban facturados serán devoltos, se así o solicitan, unha vez verificado o concurso con cargo a/o autor/a.

 

Os cartéis non premiados poderán recollerse no mesmo local de entrega e no mesmo horario, dende o 6 ao 17 de abril do 2015. Aqueles traballos que non se recollan en devandito prazo, entenderase que os autores renuncian a eles, e a AVC Casco Vello poderá dispoñer libremente deles sen recoñecer ningún dereito de reclamación ou indemnización.

 

Os traballos serán presentados sen sinatura do autor/a e baixo o lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado co mesmo lema escrito no seu exterior. No interior do sobre depositarase unha nota escrita a máquina co nome e apelidos da persoa que realiza o deseño, enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.

 

As obras premiadas quedarán en propiedade da AVC Casco Vello polo que o/a autor/a cederá en exclusiva e de forma irrevogable o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente en calquera modalidade, tamaño ou soporte así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, realizando si fose preciso as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación aos soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

 

Establécese un premio de 1.000 € ao cartel gañador, un accésit de 200 €, e un premio especial do público de 200 € (*). Estes premios non serán acumulables e o xurado do concurso podería declaralos coma desertos. De estimarse que ningún dos traballos presentados resultase adecuado para ser ó cartel anunciador da festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, a AVC Casco Vello resolverá polos seus propios medios a edición do mencionado cartel. Estes premios non están exentos de impostos, polo que aplicarase a retención de IRPF que corresponda en cada caso.

 

(*) O Xurado fará unha selección de cartéis para realizar unha exposición pública, no local, datas e horas que se determinarán e anunciarán oportunamente, que serán os cartéis que optarán ó premio especial do público. Para isto, poderase imprimir os cartéis presentados para adaptalos ao tamaño que sexa máis axeitado para a súa exposición.

 

O xurado do concurso estará composto por:

 

            • Presidente: Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, ou persoa na que delegue.
            • Secretario: Presidente da AVC Casco Vello, ou persoa na que delegue.
            • Vogáis:
                    • Representante da comisión organizadora da AVC Casco Vello.
                    • Dúas persoas relacionadas co mundo das artes, a imaxe, ou a comunicación.

 

O presidente do xurado queda facultado para resolver no caso de empate, así como para as eventualidades que poideran xurdir.

 

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

 

A decisión do xurado será inapelable.

 

 ---

Descargar copia destas bases en formato PDF (descargar)

 


 

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo