Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 emprego 2019 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Novas
Blog Orfeón Mariñeiro do Berbés
Xoves, 08 Novembro 2012 10:29

  blog_omb

Dende hai unhas semanas, esta accesible dende o menú desta mesma web, o blog do Orfeón Mariñeiro do Berbés.

Este grupo de canto mariñeiro e tabernario deu as súas primeiras voces nos sotos da nosa Asociación Veciñal e Cultural.

Do talento musical e das mans coas que o mestre Luís Prego interpreta no acordeón as cantigas tradicionais, o grupo de mulleres e homes, aos que lles foi aprendendo a cantar xuntos nun curso de canto estas pezas, posibilitaron a creación dun Orfeón do que a través deste blog e outros medios iremos dándovos noticia.

Compartimos nesta primeira entrega, uns vídeos gravados durante a actuación do Orfeón na II Cea da Festa da Reconquista. Estes vídeos son accesibles a través do blog ou directamente no canal de YouTube, Orfeón Mariñerio do Berbés

 

 
Festa de Fin de Curso 2012
Martes, 05 Xuño 2012 17:50

Para compartir coa veciñanza e a cidadanía os traballos e as actividades que se realizan durante o curso, convidámosvos o sábado, 9 de xuño, na praza da Pedra, a participar do convivio e actividades que organiza a Asociación Veciñal

  

PROGRAMA

 

12:00 hs Exposicións durante toda a xornada de traballos de corte e confección, traballos manuais, roupa tradicional, calceta, patchwork, etc. .

12:15 hs Obradoiros para os máis cativos.

13:00 hs Aula de Gaita e percusión.

13:30 hs Aula de Acordeón.

18:00 hs Obradoiros de xogos tradicionais, colares…

19:00 hs Aula de Baile Tradicional Iniciación.

19:20 hs Aula de canto tradicional e pandeireta .

19:40 hs Aula de Danza Oriental.

20:00 hs Aula de Baile Tradicional perfeccionamento.

20:30 hs Orfeón tradicional mariñeiro.

21:00 hs Grupos convidados.

 
A Sanidade Pública en perigo
Mércores, 14 Decembro 2011 13:37

CHARLA INFORMATIVA

 

“Recortes e privatizacións sanitarias en Galicia e Vigo. A Sanidade Pública en perigo”


Venres, 16, ás 20:00 horas

Salón de actos do Centro Cívico do Casco Vello

 

Intervirán

Manuel Martín García. Médico, Portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública. Situación en Galicia

Manuel González Moreiras. Médico Xunta Persoal Área de Vigo. Portavoz da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo:Situación en Vigo

 
Concurso logotipo Asociación "A Merdeira"
Xoves, 10 Novembro 2011 19:55

A Asociación Etnográfica “A Merdeira” ven de convocar un concurso para seleccionar o seu logotipo.

 

Prazo de  presentación: Do 11 ao 28 de novembro

 

Lugar: Centro Social A Revolta, rúa Real 32, 36202 VIGO

            Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello

 

Descargar bases

 

 
Excursión a Allaríz
Xoves, 15 Setembro 2011 18:55

O domingo, 9 de outubro, faremos unha excusión a Allaríz co seguinte itinerario:

 

  • 9.00 hs Saída dende a praza do Berbés
  • Visita a Vila de Allariz, o Museo do Coiro, o do Liño e o Museo Galego do Xoguete
  • 14.30 Xantar
  • Tarde libre
  • 21.30 Chegada a Vigo

 

O prezo, xantar incluído, é de 27 € para as persoas asociadas e de 30 € para as non asociadas. Os nenos ate 12 anos pagan 15 €

 
Novos cursos
Martes, 25 Xaneiro 2011 19:35

CURSO DE CALCETA E TECIDO CON MÁQUINA DE TRICOTAR E AGULLAS


Coa aprendizaxe práctica que se che facilita aprenderás a tecer e calcetar. Así poderás montar as pezas de punto que desexes: unha bufanda, un xersei, unha saia…

Información e inscrición no local da Asociación

 

OBRADOIRO DE CONFECCIÓN DE TRAXES DE ÉPOCA

 

O venres 28, comeza o tradicional obradoiro para confeccionar os traxes de 1809, época da reconquista.

Información e inscrición no local da Asociación

 

CURSO DE ALFARERÍA

 

Un acercamento ao traballo con barro culminando coa realización de pezas no torno do alfareiro

Información e inscrición no local da Asociación

 
Visitas dramatizadas.
Venres, 14 Xaneiro 2011 10:03

CURSO PRESENCIAL DE FORMACIÓN ACTORAL DE TEATRO DE RÚA

 

Curso gratuíto de 25 horas de duración.

 

Prazas: Quince

 

Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 hs

 

Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ate o mércores, 26, ás 20.00 hs

 

Comezo: Venres 21 de xaneiro

 

 

O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa, dar unha formación básica de técnica teatral, de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia, pola historia da cidade.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 5
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo