|
Concerto Orfeón Mariñeiro do Berbés |
|
O domingo, 28 de abril, ás 19:30 no auditorio do Teatro García Barbón (agora Novagaliciabanco), entrada pola rúa Marqués de Valladares, o Orfeón Mariñeiro do Berbés ofrecerá un concerto para presentarse diante do público.
As invitacións, ata completar o aforo, poden solicitarse na AVC Casco Vello, na rúa Oliva 12, de luns a venres, e das 11:00 ás 13:30, e das 16:30 ás 19:30 horas.
|
|
|
Blog Orfeón Mariñeiro do Berbés |
|
|
Dende hai unhas semanas, esta accesible dende o menú desta mesma web, o blog do Orfeón Mariñeiro do Berbés.
Este grupo de canto mariñeiro e tabernario deu as súas primeiras voces nos sotos da nosa Asociación Veciñal e Cultural.
Do talento musical e das mans coas que o mestre Luís Prego interpreta no acordeón as cantigas tradicionais, o grupo de mulleres e homes, aos que lles foi aprendendo a cantar xuntos nun curso de canto estas pezas, posibilitaron a creación dun Orfeón do que a través deste blog e outros medios iremos dándovos noticia.
Compartimos nesta primeira entrega, uns vídeos gravados durante a actuación do Orfeón na II Cea da Festa da Reconquista. Estes vídeos son accesibles a través do blog ou directamente no canal de YouTube, Orfeón Mariñerio do Berbés
|
|
|
Festa de Fin de Curso 2012 |
|
Para compartir coa veciñanza e a cidadanía os traballos e as actividades que se realizan durante o curso, convidámosvos o sábado, 9 de xuño, na praza da Pedra, a participar do convivio e actividades que organiza a Asociación Veciñal
PROGRAMA
12:00 hs Exposicións durante toda a xornada de traballos de corte e confección, traballos manuais, roupa tradicional, calceta, patchwork, etc. .
12:15 hs Obradoiros para os máis cativos.
13:00 hs Aula de Gaita e percusión.
13:30 hs Aula de Acordeón.
18:00 hs Obradoiros de xogos tradicionais, colares…
19:00 hs Aula de Baile Tradicional Iniciación.
19:20 hs Aula de canto tradicional e pandeireta .
19:40 hs Aula de Danza Oriental.
20:00 hs Aula de Baile Tradicional perfeccionamento.
20:30 hs Orfeón tradicional mariñeiro.
21:00 hs Grupos convidados.
|
|
|
A Sanidade Pública en perigo |
|
CHARLA INFORMATIVA
“Recortes e privatizacións sanitarias en Galicia e Vigo. A Sanidade Pública en perigo”
Venres, 16, ás 20:00 horas
Salón de actos do Centro Cívico do Casco Vello
Intervirán
Manuel Martín García. Médico, Portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública. Situación en Galicia
Manuel González Moreiras. Médico Xunta Persoal Área de Vigo. Portavoz da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo:Situación en Vigo
|
|
Concurso logotipo Asociación "A Merdeira" |
|
A Asociación Etnográfica “A Merdeira” ven de convocar un concurso para seleccionar o seu logotipo.
Prazo de presentación: Do 11 ao 28 de novembro
Lugar: Centro Social A Revolta, rúa Real 32, 36202 VIGO
Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello
Descargar bases
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |