Venres, 13 Marzo 2020 00:00 |
|
Por orde das autoridades ante a emerxencia sanitaria, a Festa da Reconquista da Vila de vigo queda adiada ata novo aviso. Isto inclúe todos os actos asociados, como por exemplo a Reconquista Infantil ou o certame gastronómico Retapas.
Mais seguimos en pé de guerra! Unha vez superada a crise, cando contemos co pertinente visto e prace das autoridades, anunciaremos as novas datas da Reconquista 2020 co programa previsto. Estade atentos!
|
|
|
Mércores, 09 Xaneiro 2019 00:00 |
Abriuse o prazo de presentación das solicitudes dos postos no mercado da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2020, que se celebrará os vindeiros días 27, 28 e 29 de marzo. O prazo comeza o xoves 16 de xaneiro e rematará o venres 7 de febreiro.
As solicitudes de inscrición remitiranse á entidade organizadora, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, quer ao seu enderezo físico na rúa Cánovas del Castillo, 2, baixo (por correo postal ou de forma presencial de luns a venres de 17.00 a 20.00 horas), quer ao seu enderezo electrónico (
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
).
A continuación publicamos os enlaces para descargar o formulario de solicitude, as bases de participación no mercado e os diversos anexos relacionados.
|
|
|
Luns, 15 Outubro 2018 00:00 |
Aínda que quedan uns cantos meses para a súa celebración, este sábado terá lugar na Praza do Berbés a Festa de Presentación da Reconquista de Vigo, que nesta edición cumpre 25 anos desde a primeira vez que se levou a cabo.
O sábado 27 coñeceremos a imaxe da XXV edición da Reconquista de Vigo, que se celebrará a principios do mes de abril do 2019. O obxectivo desta festa de presentación é o de converter á Reconquista en Festa de Interese Turístico Nacional. Pola súa historia e significación, tanto local como nacional, o obxectivo semella ambicioso pero posible. A festa cumpre con todos os requisitos necesarios para conseguilo, pero lle falta maior repercusión a nivel estatal. Se non se consegue para este ano, intentarase para o que vén.
A festa comezará a redor das 12:30 na Praza do Berbés. A esa hora amenizará a celebración o grupo D’Esmorga. O resto de concertos serán a partir das 21:00 horas e tocarán o Orfeón Mariñeiro do Berbés, Os Cuncheiros e a banda The Tetas Van.
Ademais de música, pola tarde haberá talleres infantís e postos gastronómicos para que a festa non decaiga. Será sobre as 21:30 cando se coñecerá a imaxe deste da Festa da Reconquista 2019.
|
|
|
Dende a organización da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, que este ano 2016 celebrarase os vindeiros días 2 e 3 de abril, téntase que a representación e o ambiente nas rúas do casco vello sexa o máis fiel posible á época na que transcorre os feitos orixe da festa (principios do século XIX, ano 1809) prestando unha especial atención na vestimenta de tódalas persoas que participan e na ornamentación dos postos e elementos do mercado.
Aquí publicamos enlaces para descargar os anexos con suxerencias para a vestimenta de homes e mulleres:
|
|
|
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00 |
Bases do X Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.
Neste concurso poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que éstas sexan inéditas.
|
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00 |
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, publica un avance do programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo de 2015.
Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.
|
|
|
Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00 |
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016, publica o programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará o sábado 2 e domingo 3 de abril.
Durante cada xornada máis de 20 grupos de música tradicional animarán o recinto da festa. Ademáis haberá representacións, espazos infantís, música nas rúas e multitude de demostracións de artesanía, xunto coa exposición "Retallos da nosa historia" aberta na Casa Galega da Cultura dende o pasado 17 de marzo.
[Consulta o programa da festa]
|
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 4 |