Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Naves de redeiros peirao do Berbés
Xoves, 23 Setembro 2010 09:39

A Asociación de Veciños do Casco Vello acordou denunciar diante do Concello a realización de obras sen licenza para a adaptación das vellas chabolas de redeiros e a súa conversión en restaurantes, bares postos de degustación ou como alguén deu en chamar “pescadoteca” .

 

Esta denuncia, insírese na campaña que xunto cos comerciantes de Vigo Vello levaremos adiante para que no peirao do Berbés, dentro do recinto portuario, non se instalen negocios de hostalaría abertos ao público xeral, competindo con vantaxe cos negocios tradicionais do Casco Vello, en lugar de permitir que a cidadanía se achegue ao mar e recupere un espazo tantas veces prometido polos distintos responsábeis da Autoridade Portuaria.

 

A instalación no recinto portuario da mal chamada “pescadoteca”, pois lugares de almacenamento e exposición de peixe hai abondo dentro e fora do porto, a posta en marcha dunha actividade que non é propia nin complementaria das actividades portuarias que non se corresponde cos seus usos e rematará por producir beneficios para os premiados pola adxudicación mellor colocados a conta do deterioro que causarán na restauración tradicional do outro lado do balado e será un motivo co que xustificarán de novo a falta de aprobación do plan de uso

 

A súa pretensión e actitude, por reiterada, é unha mostra da súa falta de compromiso coa cidade e a súa cidadanía, un empeño en vivir de costas a ela.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo