Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 logo emprego 18

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Visitas dramatizadas.
Venres, 14 Xaneiro 2011 10:03

CURSO PRESENCIAL DE FORMACIÓN ACTORAL DE TEATRO DE RÚA

 

Curso gratuíto de 25 horas de duración.

 

Prazas: Quince

 

Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 hs

 

Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ate o mércores, 26, ás 20.00 hs

 

Comezo: Venres 21 de xaneiro

 

 

O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa, dar unha formación básica de técnica teatral, de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia, pola historia da cidade.

 

 

Desenvolverase a formación de actores, o deseño dramatúrxico e dirección de escena, para construír, sobre improvisacións propostas polos candidatos, os personaxes que guiarán aos turistas polo barrio histórico de Vigo.

 

Personaxes como redeiras, cesteiros, latoeiros, conserveiras, salgadoras, tecelas..), estarán presentes ao longo deste percorrido histórico, introducindo aos espectadores nun espazo temporal que levará ao recordo.

 

Impartiranse nocións básicas de interpretación, técnica vocal, mecanismos teatrais no teatro de rúa e seguirase o proceso de creación de cada un dos personaxes propostos polos participantes, traballando especialmente, a caracterización corporal e vocal, a creación dramatúrxica, e os mecanismos rítmicos asociados ao personaxe.

 

Os alumnos que terminen e superen positivamente o curso, a xuízo dos docentes, realizarán 10 actuacións que se comprometerán con antelación. Esixirase por tanto, un nivel mínimo de compromiso por parte dos posibles participantes.

 

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo