Orfeón Mariñeiro

logoorfeon

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 logo concello

 

O Concello de Vigo participa no financiamento das gastos de mantemento e fomento de actividades desta asociación.

minilogocascovello

imaxes

imaxes

Twitter Casco Vello

Veciños do Casco Vello piden ao Concello máis implicación para erradicar o ruído nocturno
Domingo, 24 Abril 2016 00:00

Vive e deixa vivir. Un lema tan sinxelo pero que non se cumpre no barrio do Casco Vello de Vigo. O ruído nocturno non deixa de causar molestias aos veciños da zona histórica debido á proliferación de locáis de hostalaría e ocio nocturno. Tódolos residentes reviven o pesadelo dos anos oitenta e noventa nos que tardaron unha década en gañar a guerra aos pubs e lograron que o Concello de Vigo establecese no 2009 as ZAS (zonas acusticamente saturadas).

 

Agora, a vida nocturna nun Casco Vello rehabilitado volve rexurdir con máis forza si cabe pero cun inconvinte engadido: os ruídos proceden dos clientes que están nas rúas e terrazas ata altas horas da noite.

  botellon002

 

 

 

Por ese motivo, a asociación do Casco Vello mobilizouse para presionar ao Concello e esixirlle que tome medidas e faga cumprir as ordenanzas. Hai algo máis dun mes, unha comisión veciñal reuniuse coa concelleira de Urbanismo, María José Caride, para exporlle a existencia dunha masificación de locais no barrio do Casco Vello, e agora esperan a contestación comprometida.

 

"Cada vez abren máis e máis locais, o barrio está saturado", denuncia Fiz Axeitos, membro da directiva veciñal. A asociación xa empezou a tomar medidas para denunciar a locais concretos que consideran que incumpren a normativa. Segundo Axeitos, a concelleira recoñeceu que existe un problema e espera que os volva convocar en breve e expoña as medidas a adoptar.

 

A asociación creou un formulario-tipo para os veciños que queiran queixarse ao Concello dos danos á súa saúde por un exceso do volume de ruídos que exceden a normal tolerancia na zona acusticamente saturada. O principal conflito é que "a xente dos bares que sae á rúa a falar de noite e quedase alí moito tempo". Pon como exemplo o barullo que se monta na praza da Constitución. "Hai 15 anos só había alí un local e agora non hai baixo que non teña un", sinala.

 

Axeitos advirte que moitos dos establecementos están a operar carecen de licenza de hostalería pero funcionan como tales e outros nin sequera teñen licenza de nada. "Non nos corresponde a nós pechar os locais, pero cremos no lema 'Vive e deixa vivir' e o Concello saberá como debe actuar. As terrazas están ata as tantas, non hai control e están a facer un dano á nosa saúde", explica. O colectivo celebrar unha asemblea para que os veciños decidan os pasos a dar.

 

(Artigo publicado no La Voz de Galicia 24-04-2016)


 

 
© 2014 Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo