Mércores, 25 Febreiro 2015 00:00 |
A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, organizadora da Festa da Reconquista da Vila de Vigo, publica un avance do programa oficial de actos e actividades para a edición deste ano que se celebrará os vindeiros días 28 e 29 de marzo de 2015.
Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.
|

|
Avance da programación da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2015

|