1º Terán preferencia para a instalación de postos as asociacións veciñais e culturais, agrupacións deportivas, colectivos de interese social, artesáns (con Carta Galega de Artesán) autónomos e empresas. Sempre por esta orde.
2º Clases, dimensións e importes a aboar polos postos:
a) Cada posto dedicado a venda de artesanía, aboará a cantidade de 40 € en concepto de colaboración coa Festa, se a súa fronte non supera os dous metros de lonxitude, e 60€ en concepto de fianza. Os postos dedicados a venda de hostalaría, aboaran a cantidade de 100 € de colaboración e 100 € de fianza
b) Se a lonxitude do posto excedese de 2 metros, o primeiro dos conceptos, colaboración, veríase incrementado a razón de 20 € por cada metro adicional. Dito aumento do posto deberá ser solicitado no momento da inscrición e autorizado pola Organización.
3º As cantidades económicas aboaranse, no momento de inscribirse no mercado, por transferencia bancaria a nome da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, no número de conta 2080 5045 89 3040010210 de Novagalicia Banco. A devolución da fianza efectuarase por idéntico medio, sendo necesario aportar o correspondente número de conta.
4º Corresponde á Organización a designación, situación e disposición dos postos, conforme ao espazo dispoñible e ás características dos mesmos (tamaño, actividade, …).
5º Os postos:
a)ambientaranse na época na que transcorre a Festa (1809), e disimularán todo elemento plástico, ferro… mediante elementos tradicionais tales coma tea de saco, xesta, palla, canizo etc. Na fronte do mesmo terá que constar o nome do mesmo.
b) A organización proporcionará toma conexión para a instalación do alumeado eléctrico para os postos. Prohíbese a conexión de calquera aparello eléctrico á instalación da Festa, así como a instalación de xeradores de corrente.
c) Ao remate da actividade cada posto é responsable da limpeza do espazo que ocupa.
d) As persoas que atendan os postos irán vestidas conforme á época,1809, traxe tradicional galego.
e)As comidas e bebidas serviranse en envases de barro, louza (xerras, cuncas…) ou madeira. Prohíbese expresamente a utilización de materiais plásticos para tal fin (incluso no que se refire a pratos, garfos, culleres…) así como a venda de botellas de cristal para consumo inmediato.
6º A Organización non se responsabiliza do posible deterioro, furto ou perda de material ou mercancía, polo que recomenda a súa retirada durante a noite.
7º Ámbolos dous días os vehículos retiraranse antes das 9:30 horas e posto terá que estar montado antes das dez da mañá. A hora de remate da Festa será ás 23:00 horas, tanto o sábado, 31 de marzo, como o domingo, 1 de abril.
10º O incumprimento de calquera dos puntos destas bases suporá a perda total da fianza e o abandono da Festa a requirimento da Organización. As incidencias en materia de instalación dos postos serán resoltas pola Organización de xeito motivado e inapelable.
11º A sinatura destas bases supón a aceptación de tódolos puntos que nela se mencionan.